This is the default single post custom title

This is the default single post custom subtitle

FALADOIRO SOBRE MARIA SOLIÑO . Relatora Guillermina Dominguez

FALADOIRO SOBRE  MARIA SOLIÑO . Relatora Guillermina Dominguez

Martes 24 de xaneiro as 19:00

Salón de plenos do Concello de Cangas

Nesta primeira antoloxía coñeceremos os logros de doce grandes mulleres que nalgún momento da súa traxectoria vital e profesional tiveron relación coa provincia de Pontevedra. Mulleres que xogaron un rol importante na construción da sociedade que hoxe somos e da que soñamos para as próximas xeracións.

Cada mes publicarase un podcast acompañado dun roteiro virtual que percorrerá os puntos máis importantes da biografía da protagonista do mes dentro da provincia de Pontevedra. Para presentar cada relato sonoro co seu correspondente roteiro, organizaranse faladoiros nos que participarán persoas expertas nas vidas destas mulleres. As conversas celebraranse en localidades da provincia que teñan un especial significado na traxectoria de cada unha delas.

A primeira localidade correspondente ao mes de xaneiro é Cangas cun faladoiro sobre María Soliño que terá lugar o martes 24 de xaneiro ás 19:00h no Salón de Plenos do Concello. A charla vai ser impartida pola relatora Guillermina Domínguez, Licenciada en Xeografía e Historia (Medieval).