Histórico da “Asociación de veciños NÓS de San Pedro e Cima de Vila”, actualmente “Asociación veciñal NÓS”
Nosa historia
Histórico da “Asociación de veciños NÓS de San Pedro e Cima de Vila”, actualmente “Asociación veciñal NÓS”
O inicio da Asociación remóntase ao ano 1996, no que una serie de persoas do entorno dos barrios de San Pedro e Cima de Vila xuntáronse coa finalidade de constituír unha Asociación que xerara un nexo de unión entre a veciñanza destes dous barrios para facer chegar as súas propostas e reivindicacións ás entidades públicas e privadas, para mellorar as condicións de vida da veciñanza, así como promover actividades no eido da divulgación e cultura.
Fíxose unha campaña de captación de asociados e constituíuse unha primeira xunta directiva con presidenta, vicepresidente, secretario, tesoureiro e vogais para cada zona.
A relación das actividades desenvolvidas pola asociación durante estes 25 anos de funcionamento sería ardua, razón pola cal faremos un resumo xeral dos ámbitos das diferentes actuacións así como das subvencións e axudas acadadas e a súa posterior inversión no espazo da asociación.
Con todo debemos sinalar que, dende o primeiro momento, tomouse conciencia da necesidade de solicitar subvenciones a diversas entidades públicas e privadas para levar a cabo os obxectivos da Asociación
Subvencións públicas e privadas acadadas nestes 25 anos, a maiores das cotas da veciñanza foron …………………………… 66.242,36 € (11.021.801 pesetas)
Durante estes 25 anos investíronse nestes dous aspectos, xuntando as subvencións acadadas e a aportación de fondos propios da Asociación veciñal ………………………………… 73.062,61 € (12.156.595 pesetas)