This is the default single post custom title

This is the default single post custom subtitle

EXPOSICIÓN – CEN ANOS DE PRAZA VIVA

EXPOSICIÓN – CEN  ANOS DE PRAZA VIVA

A Praza de Abastos de Cangas celebra un século de historia cunha exposición conmemorativa

O Concello de Cangas, a través do Servizo de Normalización Lingüística, organiza a exposición “Cen anos de praza viva”, unha homenaxe á historia e á identidade da Praza de Abastos, un espazo que leva un século formando parte do corazón social e comercial do municipio.

A mostra, que se inaugurará o 7 de novembro ás 19:00 horas no primeiro andar da praza, reunirá lembranzas visuais, documentos e testemuñas que poñen en valor o papel deste edificio singular ao longo do tempo, desde a súa construción ata a actualidade, como punto de encontro fundamental para a vida canguesa.

O evento contará coa colaboración do coro escolar do IES Rodeira, que abrirá o acto, e coa proxección de vídeos elaborados polos CEIP A Rúa e o IES Monte Carrasco, que achegarán a visión das novas xeracións sobre a praza e o sector conserveiro de Cangas. Tamén terá lugar unha presentación a cargo do investigador Lois Guimerans, que contextualizará a evolución arquitectónica e social deste mercado municipal.

Desde o Concello de Cangas destácase que esta iniciativa pretende reforzar o vencello emocional da veciñanza coa praza e reivindicala como un motor de convivencia, comercio de proximidade e patrimonio colectivo. A exposición permanecerá aberta ao público tras a inauguración, en horario de funcionamento da Praza de Abastos.

Concello de Cangas
Servizo de Normalización Lingüística