
Data : 09 Mai 2025
Hora : 21:00
Lugar: Auditorio Municipal
Título orixinal: A Marsellesa dos Borrachos
Ano: 2024
Duración: 96 min
País: España
Dirección: Pablo Gil Rituerto
Guión: Alba Lombardía e Pablo Gil Tuerto.
Fotografía: Daniel Lacasa.
SINOPSE
No verán de 1961 un grupo de xoves antropólogos italianos realizou unha viaxe clandestina por España co fin de gravar cancións populares que apoiasen a resistencia antifascista. Como resultado do seu traballo foron procesados e as gravacións censuradas. Sesenta anos despois, e da man de Emilio Jona, de 92 anos, último membro vivo daquel grupo de viaxeiros, recuperan as gravacións inéditas e reconstrúen a súa viaxe.