This is the default single post custom title

This is the default single post custom subtitle

¡Gracias, José!

¡Gracias, José!

Agradecemento a: José Gil Iglesias

Se hai algo do que a xente está orgullosa, polo menos a maioría, é de ser agradecido. Isto foi o que levou a esta Xunta Directiva en nome das asociadas e asociados, a ter con Pepe unha pequena mostra de agradecemento.

Primeiro de todos os agradecementos é darlle as grazas aos nosos asociados e asociadas, sen eles nada disto tería sentido, pero xusto é facelo tamén con Pepe o noso eterno presidente, pola súa implicación e dedicación.

Hai moitas maneiras de amosar o noso agradecemento, unha delas é facelo coa entrega dun agasallo (adxuntamos unha foto), pero sen dúbida se o facemos tamén por escrito, con ambos este agradecemento durará moito máis no tempo.

Mediante a entrega desta placa e con este escrito queremos expresar o noso máis profundo agradecemento polo seu traballo e a xenerosidade amosada durante máis de 20 anos coa veciñanza en calidade de Presidente da Asociación, poñendo un gran de area día día na mellora dos nosos barrios.

Compartir con Pepe e aprender do seu traballo ao longo dos anos foi unha honra. Traballo que axudou a mellorar os nosos barrios, e que é un legado que non esqueceremos. Coa súa axuda e apoio a esta Directiva, nos anima a seguir traballando para mellorar as condicións de vida dos nosos concidadáns.

Se observamos esta viaxe nestes 24 anos da Asociación, podemos estar un pouco satisfeitos, porque aínda que sempre temos que traballar e loitar por mellorar, cremos que se cumpriron algúns dos obxectivos, pero aínda nos quedan moitos por acadar. Graciñas Pepe, sen ti nada disto sería posible. Unha forte aperta.